A ASOCIACIÓN CULTURAL ROTEIROS DA CARBA, que ahora se constitúe oficialmente, nace na Serra da Carba, remontándose ó ano
2.004, a través de varias iniciativas de un grupo de persoas que comezaron a
realizar actividades de sendeirismo e o estudio e percorrido do Camiño real da
Carba que une Mondoñedo con Ferrol, ó seu paso por Xermade. Pero na Carba nace
mirando ó seu entorno, ó Concello de Xermade e a toda a Chaira, á Serra do
Xistral coa que forma cadea, ó Eume, ás Mariñas e ás terras de Miranda.
Aproveitando precisamente ese camiño que representa o símbolo de unión entre os
pobos e a forma de transmitir cultura entre eles. A CARBA, como o
logotipo que identifica á asociación o plasma, ten doble significación: é unha
serra de elevada altitude que conserva a natureza viva e a historia, na que se
forman regos que van dar ós vales e ó mar; e CARBA tamén é unha árbore
do xénero quercus (carballo) que medra nas vaguadas a certa altitude, querendo
subir ó cimo da serra. A Carba tén distintos aproveitamentos, pois como ben di
o refrán “ Ata as carbas do monte teñen a súa predestinación, unhas para facer
santos outras para facer carbón”. A
Carba simboliza a vida nesas terras.
A ASOCIACIÓN CULTURAL ROTEIROS DA CARBA e unha asociación sen ánimo de lucro, e son fins principais da asociación a defensa, protección, promoción e posta en
valor do patrimonio cultural, ambiental, etnográfico, histórico e inmaterial do
ámbito no que se desenvolve, fomentar e divulgar as actividades deportivas no medio natural e
iniciativas de servizo á sociedade, a educación e a convivencia e promover a
práctica e deseño de roteiros de sendeirismo, actividades interpretativas e a
colaboración con outras asociacións e entidades cos mesmos fins.
Hola,podedes facilitarme informacion dos roteiros e lugares de interese que tedes pola zona.
ResponderEliminarGracias