Wikipedia

Resultados de la búsqueda

lunes, 30 de noviembre de 2015

¿Quen somos?



A ASOCIACIÓN CULTURAL ROTEIROS DA CARBA, que ahora se constitúe oficialmente,  nace na Serra da Carba, remontándose ó ano 2.004, a través de varias iniciativas de un grupo de persoas que comezaron a realizar actividades de sendeirismo e o estudio e percorrido do Camiño real da Carba que une Mondoñedo con Ferrol, ó seu paso por Xermade. Pero na Carba nace mirando ó seu entorno, ó Concello de Xermade e a toda a Chaira, á Serra do Xistral coa que forma cadea, ó Eume, ás Mariñas e ás terras de Miranda. Aproveitando precisamente ese camiño que representa o símbolo de unión entre os pobos e a forma de transmitir cultura entre eles. A CARBA, como o logotipo que identifica á asociación o plasma, ten doble significación: é unha serra de elevada altitude que conserva a natureza viva e a historia, na que se forman regos que van dar ós vales e ó mar; e CARBA tamén é unha árbore do xénero quercus (carballo) que medra nas vaguadas a certa altitude, querendo subir ó cimo da serra. A Carba tén distintos aproveitamentos, pois como ben di o refrán “ Ata as carbas do monte teñen a súa predestinación, unhas para facer santos outras para facer carbón”.  A Carba simboliza a vida nesas terras.



A ASOCIACIÓN CULTURAL ROTEIROS DA CARBA e unha asociación sen ánimo de lucro, e son fins principais da asociación a defensa, protección, promoción e posta en valor do patrimonio cultural, ambiental, etnográfico, histórico e inmaterial do ámbito no que se desenvolve, fomentar e divulgar  as actividades deportivas no medio natural e iniciativas de servizo á sociedade, a educación e a convivencia e promover a práctica e deseño de roteiros de sendeirismo, actividades interpretativas e a colaboración con outras asociacións e entidades cos mesmos fins.