Un
paseo polo alto Eume
Ruta
do batán de Folgoso
Autor:
Antonio Riveira Requeijo
Publicado
HUME, As Pontes, 2014
Un paseo polo alto Eume é unha invitación para visitar
unha parte menos coñecida do río que tanta historia e vida leva consigo. Unha
parte que ten vida propia e que por estar distante das zonas máis poboadas
resulta menos explorada e/ou explotada, mais precisamente por iso, que garda as
esencias da natureza e dos nosos antigos.
O
Río Eume
O Río Eume nace na Serra do Xistral, na vertente sureste
do monte Xistral (1.032 m), na parroquia da Balsa, Concello de Muras, a 900 m
de altitude, recollendo augas de Muras, Abadín, Xermade, As Pontes, Monfero, A
Capela, Cabanas e Pontedeume, separando estes dous concellos, dondo desemboca,
vertendo as súas augas no Océano Atlántico. O seu salto fai, desde antigo, pensar
ós nosos antepasados a forma para podelo cruzar; así numerosos pasos e pontes
construídas sobre él presencian o paso do tempo a fan nomear a vila pola que
cruza, As Pontes, e á vila sobre a que
se fai a ponte que serve para comunicala, como tamén é o caso de Pontedeume. Ó
longo de seu caudal hai dous importantes encoros, obra da acción humana, que
son o Encoro da Ribeira, preto da vila das Pontes e o Encoro do Eume, na súa
parte final e dentro do Parque Natural das Fragas do Eume, dondo tamén se atopa
o Mosteiro de Caaveiro e o marabilloso contorno de bosque atlántico autóctono, dondo
convive unha gran variedade de especies vexetais e de fauna.
Subindo polo cauce do Eume queremos chegar a un espazo
que, como ningún outro, conserva pequenos vales descoñecidos que preservan aínda
a flora, fauna e etnografía dos nosos antepasados. Este resulta ser un afluente
do Río: é o Río Folgoso.
O
Río Folgoso
Os recantos máis ricos son aqueles dondo a presenza da
auga é abundante, tanto para dar vida ás especies vexetais e animais, creando
un labirinto tridimensional de figuras, cores e sonidos, como para aproveitar a
súa forza para os enxeños creados polos humanos. Especies vexetais como os
fieitos que se conservan da era terciaria, bosques caducifolios de carballos,
como árbore dominante, co que conviven acivros, bidueiros, abeleiras,
castiñeiros, amieiros, freixos, salgueiros, espiños e loureiros; especies
animais, algunha delas endémica da zona, como a rá patilonga, a troita que vive
en cristalinas augas; augas que gardan ecos dunha extraordinaria historia,
para, paseando ó lado delas, facer esquecer o estrés da nosa civilización.
Ra patilonga (rana ibérica), endémica de estas zonas |
O Río Folgoso
comeza o seu percorrido na Serra da
Carba, na parte norte do Coto de
Carba (908 m) xuntando as augas que corren dende Chao de Lousas e da Lagoa
Verde, próximos ó lugar, hoxe deshabitado, de Bustofreán da parroquia de Vilapedre
(Vilalba). Adentrándose na parroquia
de Lousada, xa no Concello de Xermade, recolle os regatos de Espiñerido, Casal, Buriz ata chegar á Ponte de Saamil, xa no Concello de Muras, dondo aporta o caudal no pai Eume, despois de un percorrido de 6,5 km.
Esta zona da parroquia de Lousada que forma parte da bacía do Eume engloba varios lugares que no seu conxunto son coñecidos como Tras da Amosa. Os lugares son O Casal, Goía, Orxás, O Vieiro
e Folgoso, lugares que gardan tamén
a historia no seu nome. Casal provén
do latín casale, derivado de casa pero
non identificado con ela. Goía
provén dun nome persoal de orixe latina Gaudia
ou Gogila. Orxás significa abundancial de orxo, que provén de ordeum, cebada
que se cultivaba nesta zona. O Vieiro
fai referencia a vía, palabra latina
que sinala a existencia de un camiño. Efectivamente existen datos históricos que
lembran un camiño que, pasando por Lousada e Vieiro, cruzaba pola Ponte Saamil cara
a Irixoa e Viveiro, por un lado, e á Balsa, Montouto, Labrada e Mondoñedo polo
outro. Folgoso debe o seu á
abundancia de fieitos, fentos ou felgos, partindo da voz do latín tardío filicosu abundancial de filicu, fieito, fento ou felgo como aquí
se nomean.
Fervenza no Río Folgoso |
Presa no Río Folgoso |
Fervenza no Río Folgoso |
Ruta do batán de Folgoso
Plano da ruta do Batán de Folgoso |
Parada de avituallamento nunha ruta polo Batán de Folgoso |
A carón do Río de Folgoso, sentiremos que as pegadas do
home hai tempo que non turban a paz deste contorno de gran riqueza ecolóxica
polo número de especies que nel podemos atopar.
Rebaño de cabras e ovellas cruzando a ponte de madeira sobre o rego Folgoso |
Rodeados por carballos centenarios, acivros, e
acompañados do murmurio da auga, esqueceremos o paso do tempo, voltando a época
na que os nosos maiores facían do muíño
a súa segunda casa e do río o seu compañeiro.
Natureza e historia. Os batáns, enxeños que aproveitando
a forza da auga compactaban os tecidos, como o que atoparemos en Folgoso,
muíños, árbores en mil formas transformadas polo paso do tempo. En resumo, una
viaxe ao pasado para desfrutar no presente.
Carballo de Folgoso |
Carballo secular en Folgoso |
Partindo da Ponte onde atopamos un cartel explicativo da
ruta, subimos pola marxe dereita ata preto da presa do Muíño de Orxás, para
separarnos do río, pola dificultade na súa marxe, tomando un sendeiro que nos
permite apreciar o cauce dende a altitude, para logo volver á beira das augas
ata unha antiga ponte de madeira, que cruzamos para seguir o camiño que nos
leva polo lado dun exemplar único de carballo, preto do lugar de Folgoso.
Seguimos os indicadores ata o batán e o muíño de Folgoso, obras de enxeñería
doutro tempo.
Ascendendo pola canle que transporta a auga que daba
movemento ás máquinas, seguiremos ata atopar outra vez o Río Folgoso, para
baixar ó lado del e despois de cruzar outra pequena ponte ata atopar a ponte
que cruzaremos ó subir, volvendo ó punto de partida. Podemos completar a ruta,
para mais deleite, seguindo río abaixo ata a antiga fábrica de luz de Folgoso e
o Muíño de Vieiro. Despois continuaremos ata atopar o rego de Buriz, límite dos
Concellos de Xermade e Muras, seguindo ata a Ponte de Saamil e voltando polo camiño
que vai a Buriz, para coller o que en dirección Folgoso nos leva entre valados
e á sombra de carballos, para probar a auga sanadora da fonte do Curro antes de
voltar a zona de partida.
O batán
Desde o punto de vista
arquitectónicos os batáns, ó igual que os muíños e plantas de luz, son
edificios rectangulares construídos en pedra, cubertos con estrutura de madeira
e tapados con grandes lastras ou chantas, a dúas augas.
Semella que o batán e un legado dos árabes que estiveron
na península ibérica entre os séculos VIII e XV permanecendo
en Galicia parte do século VIII. O termo batán, referido á máquina utilizada
para realizar a operación, e batanar e abatanado, referidos á operación mesma,
proceden do vocablo árabe battana
que, co significado de “golpear”, tamén fora usado en al-Andalus e no mundo
islámico medieval. A existencia de batáns está documentada desde o período
medieval e mantivéronse en uso hasta finais do século XIX. Durante á época
romana e a alta Idade Media o abatanado dos tecidos foi realizado
exclusivamente de maneira manual, depositándoos en cubas de madeira (pilae
fullonicae) onde era pisada, ata
que nalgún momento da Idade Media comezouse a facer uso do abatanado mecánico
gracias á difusión do enxeño movido por
enerxía hidráulica converténdose nun dos grandes protagonistas, xunto cos muíños
fariñeiros, as moas e as plantas da luz (estas de época máis recente) do
aproveitamento da enerxía hidráulica na época medieval.
Pisón ou muíño trapeiro poden ser outras denominacións
para estes enxeños. Trátase de un sistema desenvolvido
a partir do mecanismo impulsor das aceñas, baseado no emprego dunha roda
hidráulica vertical, conectada a unha roda dentada cunha árbore de levas.
Presa do Batán de Folgoso |
A instalación do batán dispón nun costado do
edificio dunha canle para o paso da auga, cunha anchura en torno ó metro ou
metro e medio, onde vai emprazada a roda hidráulica vertical que transmite o
movemento ó eixe.
Canle do Batán e do Muíño de Folgoso |
Batán de Folgoso |
O batán é un enxeño composto por un eixe colocado
horizontalmente, feito con madeira de carballo. Nun extremo van encaixados
catro brazos de madeira en forma de aspa. Os brazos sustentaban as pezas curvas
que, unidas entre sí, formaban o perímetro da roda ou circunferencia, sobre as
que van unas paletas, que movidas pola forza da auga fan xirar o eixe
horizontal.
No outro extremo van colocadas outras pezas de madeira en forma de
levas. Ditas pezas inciden alternativamente, no seu movemento de rotación,
sobre outras pezas de madeira que enganchan, elevan e deixan caer polo seu
propio peso dous grandes mazos que golpean ritmicamente o tecido de liño, que
previamente foi introducido nunha pía onde se lle mesturaba auga para evitar a
alta temperatura producida polo rozamento. Esa auga lévase por una canle longa,
de madeira, que a verte na pía.
Nos batáns de Folgoso esta pía está formada por unha sola peza, composta dunha artesa de madeira de carballo, recortada en forma de L polo interior, o que permitía ter unha superficie horizontal na súa parte inferior para depositar os tecidos, e outra vertical ó fondo para servir de apoio ós tecidos mentres golpean os mazos.
Mediante os golpes do mazo, tiña lugar a fase de abatanado propiamente dita, operación delicada pois os mazos podían danar os tecidos si golpeaban con forza excesiva, durante un período de tempo demasiado prolongado ou repetidamente sobre a mesma superficie, de forma que o bataneiro debía estar moi atento para ir volvendo o tecido e mantelo sempre en posición para ser golpeado con xeito.
Parte superior do Batán |
Levas que impulsan os mazos do batán |

O abatanado tiña como finalidade proporcionar
un corpo máis firme, tupido e resistente ademais de mellorar a suavidade.
No tempo dos romanos, a la, o
liño e o coiro vestían a poboación. Malia que a elaboración de tecidos de la
tivera algunha importancia no nordés de Pontevedra e que en Monforte se
traballara a seda, foi o liño a principal fibra obxecto de transformación téxtil
nesta zona. O algodón da India e a seda china eran luxos extravagantes.
Río de Folgoso e segundo batán ó fondo |
No século XIX, a perda dos
mercados coloniais, a competencia do contrabando británico de tecidos de la e
algodón, a importación de fiados de liño e a consolidación do téxtil catalán,
vai acelerar a decadencia de todo o téxtil galego, xa fose de liño, de la o
mesmo de algodón
A Planta de luz
A luz eléctrica chegou a estes lares a mediados do século XX. As plantas de luz aproveitaban a forza da auga para transformar a enerxía mecánica en eléctrica. A auga move as aspas dunha roda que se conecta ó eixe dunha dínamo ou xerador, composta principalmente por unha bobina e imáns; cando a bobina xira influenciada polo campo magnético dos imáns, indúcese nesta unha corrente eléctrica que se conduce ó exterior mediante unhas escobillas. Dende alí levábase en cables para as casas. A tensión era débil, de 125 V; daba para unhas bombillas de 25 W, que se empregaban ó chegar a noite arrinconando os vellos candís. No entorno que nos ocupa estaba a planta de luz de Orxás e a planta de luz de Folgoso, das que se conservan os edificios, o último deles de maior antiguedade e en mellor estado.

Planta da luz de Orxás |
Planta da luz de Folgoso |
O Muíño
Os muíños fariñeiros de rodicio, como son estes, están compostos dunha roda horizontal sobre a que se produce, coa forza da auga, un movemento circular que é transmitido por un eixe directamente á moa.
O gran, colocado na moega, vai caendo no ollo da moa a través da quenlla. A moa xira e moe o gran contra a pé. O movemento da roda prodúcese horizontalmente ó contrario que a roda do batán que ten un movemento vertical ó igual que as aceas, que son muíños que empregan este tipo de movemento. Acea tamén ten unha orixe árabe de onde se importou o sistema, similar ó da noria. Os muíños do contorno son o muíño de Folgoso, e de Orxás e do Vieiro, todos eles de propiedade colectiva, onde cada veciño dispoñía dunhas horas determinadas para moer o seu cereal.
A
moa

Muíño de Folgoso |
Inteiror do muíño de Folgoso |

Muíño de Orxás |
Río Folgoso ó seu paso polo muíño de Orxás |
Muíño do Vieiro |
Aproveitando a forza da auga tamén había antigamente no
regato moas para afiar as ferramentas. No que se coñece estas non tiñan un
edificio específico para elas senón que
estaban ó aire na beira do rego.
A fundición
de ferro
A idade de Ferro pertencente á cultura castrexa, que se
xeneraliza entre os séculos VIII e VI a, de C. e prolóngase durante os
primeiros séculos da nosa era. Xa en plena romanización temos neste contorno un
segredo gardado e pouco estudado ata a data, como é a fundición do ferro.
En tempos contemporáneos aparecen a miúdo no norte do Concello de Xermade escouras de ferro, nomeadamente no Muiñonovo, O Corno, e tamén preto do Vilar da Graña, na veciña parroquia de Roupar, onde están baixo a terra vestixios dunha importante vila romana que nos anos setenta do século pasado escavou o profesor José Vidal Rodríguez. En época máis recente, coa dirección de dous arqueólogos estudosos da Universidade de Santiago, María Martín e Andrés Teira, escavouse en dúas foias (carboeiras) coa finalidade de recuperar e analizar o carbón usado en tempo pasado pola xente que se dedicaba á produción de carbón vexetal e á súa comercialización para o uso en ferrerías e calefacción de grandes vilas e cidades.
Cabe aquí engadir que no entorno do Río Folgoso existen numerosos puntos no que se aprecian as foias que se preparaban para a elaboración do carbón vexetal. Así, os carboeiros escavaban un furado no chan no que colocaban os torgos e paus facendo un montón ó que se prendía lume, para logo tapalo en plena combustión para eliminar o osixeno e carbonizar lentamente o material.
A riqueza vexetal da zona, especialmente uz (erica arbórea) e carballo (quercus rubur) facía que fora un punto ideal para a elaboración de carbón que logo se trasladaba en sacos no lombo de mulas e cabalerías.
Da investigación arqueolóxica resulta comprobado que nunha das foias escavadas recolléronse restos de carbón que proviña de torgos ou raíz de uz, correspondéndose con material contemporáneo, de mediados do século pasado, estudos que concordan coa memoria dos nosos maiores que recordan a súa elaboración. Namentres na outra escavación descóbrese na datación do material, que se corresponde con carbón elaborado entre os séculos II e IV da nosa era, con madeira de carballo, basicamente. Isto leva a deducir, tendo en conta que con dito material atoparon abundantes escouras de mineral de ferro, que no entorno do Río Folgoso, existía un forno de fundición de ferro do tempo dos romanos.
Un forno de fundición estaba formado por un oco recuberto de cerámica. A redución do mineral requiría moita calor, e para obtela enchíase o forno de capas alternativas de carbón vexetal e mineral de ferro. Na parte inferior do forno existían unhas tobeiras por onde se forzaba a entrada de aire, subministrando osíxeno mediante una grandes foles. No crisol do forno atopábase un orificio polo que fluía o arrabio. Encima desta abertura, por debaixo das tobeiras, había outra boca por onde se sacaba a escoura. Os foles funcionaban polo movemento transmitido por unha roda, que era á súa vez impulsada pola forza da auga derivada do Río Folgoso.

Resulta razoable pensar que este punto, con abundancia de
madeira para elaborar carbón, de vetas de mineral de ferro próximas, e con auga
dispoñible para axudar na redución do mineral, resultaba axeitado para a
existencia do forno de fundición. Tamén resulta crible que a vila romana de
Vilar da Graña, tiña como actividade principal ou complementaria a extracción, redución e manufactura do ferro.
Como traballo de investigación a modo de deberes para estudosos queda pendente a localización, para o seu posterior estudo, do forno de fundición de ferro preto do Río Folgoso.
Como traballo de investigación a modo de deberes para estudosos queda pendente a localización, para o seu posterior estudo, do forno de fundición de ferro preto do Río Folgoso.